En setembro de 2020, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña declarou nula e sen efecto a doazón do pazo a Franco, recoñecendo que a propiedade era do Estado. A illa de San Simón converteuse nunha colonia penal na que os sublevados recluíron a presos republicanos. Entre os seus muros contabilizáronse máis de 517 mortes. San Simón e San Antón foron declaradas Lugares de Memoria Democrática.
|
etiquetas: memoria histórica , pazo de meirás , san simón , represión franquista