Cousas da Galiza
5 meneos
3 clics

Nestor Rego decide quedar en Madrid

"Após asistir esta semana a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, decidín ficar en Madrid. Estou perfectamente, mais acho que é a decisión correcta, por prudencia e por responsabilidade para cos meus, coa miña xente e co meu País. E aquí permanecen, ao pé do canón, traballando desde a casa, @ares_bego e @comumola, a equipa do Bloque no Congreso".
2 meneos
3 clics

O Supremo abre a porta a que a Xunta teña que pagar 400 millóns ata 2048 polas peaxes de Rande e A Barcala

“Todos os galegos nos liberamos da obriga de destinar a ese fin 400 millóns de euros ata o remate da concesión”. Esa foi a valoración que fixo Feijóo cando en 2017 o Ministerio de Fomento, daquela encabezado polo popular Íñigo de la Serna, reduciu unilateralmente á metade e asumiu en solitario a compensación que Goberno central e Xunta viñan pagando a medias a Audasa desde que en 2006, co PSOE na Moncloa e San Caetano, se suprimiron para os usuarios as peaxes de Rande e A Barcala. Agora o Supremo anula aquela decisión, obriga ao Estado a pagar a Audasa o que deixou de cobrar neste tempo e abre a porta a que o Goberno central reclame á Xunta que volva a achegar a metade desa compensación, que segundo Feijóo sumaría os anteditos 400 millóns ata o remate da concesión en 2048.
4 meneos
176 clics

Galegos máis relevantes segundo a Galipedia

Na vista de que se popularizou o mapiña este do ABC sobre os "españoles con más enlaces en Wikipedia por provincia", tomei a liberdade de comprobar o equivalente na Wikipedia galega no canto da española. A comparación é ben curiosa.
3 meneos
19 clics

A Xustiza pon en dúbida que as esculturas do Mestre Mateo que reclama Santiago sexan as mesmas que teñen os Franco  

Viñeta de Kiko da Silva na súa sección "A silveira" de El correo gallego.
3 meneos
12 clics

Entrevista a Miguelanxo Prado: "Amani ten a sorte de ter déficit de testosterona"  

'Amani' é un albúm ilustrado infantil con texto e ilustracións de Miguelanxo Prado que cuestiona os actuais roles de masculinidade cun personaxe cachazudo e non competitivo. A historia de Amani está baseada nun caso real dun hipopótamo sudafricano con menos testosterona do normal, que o converten nun animal pouco territorial, e empático coa contorna e os animáis doutras especies.
5 meneos
10 clics

A borreliose, a enfermidade que está espertando [gl]

A doenza de Lyme ou borreliose é unha enfermidade transmitida sobre todo polos carrachos. Estes parasitos están sobre todo en pequenos roedores que son o alimento de depredadores como raposos (...)
2 meneos
22 clics

Una empresa de Ribeira ofrecerá desde noviembre la mejor tarifa de telefonía móvil del mercado

Sus servicios se comercializan como Toxo Telecom y en una de las tarifas más interesantes se cobrarán 24,95 euros por 30 GB y llamadas ilimitadas a fijos y móviles de 13 países.
2 meneos
11 clics

Podan ás bravas oliveira de trescentos anos en Boqueixón  

A árbore podería ter sido plantada en 1735 agasallada por comerciantes de aceite no seu traxecto de Ourense a Compostela.
123» siguiente

menéame