Cousas da Galiza
14 meneos
28 clics
As primeiras horas da II República en Galicia: música e bandeiras entre chamadas á orde e á esperanza

As primeiras horas da II República en Galicia: música e bandeiras entre chamadas á orde e á esperanza

O 14 de abril de 1931, hai agora 90 anos, os taboleiros de lousa nas redaccións dos xornais con sede na Coruña "comezaron a dar conta da proclamación da República en Barcelona polo coronel Maciá, que se fixera cargo do Concello e da Deputación". Tras as eleccións municipais de dous días antes, nas que as candidaturas republicanas lograran o triunfo en cidades clave, os partidos e agrupacións que na cidade pulaban pola fin da Monarquía borbónica agardaban "noticias concretas e decisivas" xunto unha "multitude concentrada no Cantón Grande".
10 4 1 K 42
10 4 1 K 42
16 meneos
32 clics
Unha investigación alerta sobre o eucalipto máis común na Galiza "xera auténticos desertos"

Unha investigación alerta sobre o eucalipto máis común na Galiza "xera auténticos desertos"

Investigadores de diversos países participaron no estudo publicado na revista ‘Global Ecology and Biogeography’ e que se centra no eucalyptus globulus, moi presente na Galiza. Daniel Montesinos, do Centro de Ecoloxía Funcional da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra ( FCTUC) é un dos participantes na investigación, na que tamén tomaron parte estudosos da Australia, Chile, dos EUA e da India.
Os especialistas avaliaron a biodiversidade vexetal presente en eucaliptais da especie 'Eucalyptus globulus', tanto na súa área nativa, Australia, como en todo o…
10 6 0 K 36
10 6 0 K 36
23 meneos
41 clics
Absoltos os 13 acusados na Operación Zamburiña pola anulación das escoitas que deran pé á causa

Absoltos os 13 acusados na Operación Zamburiña pola anulación das escoitas que deran pé á causa

Nove persoas e catro axentes do corpo da Policía Nacional estaban acusados de colaborar no tráfico de drogas durante o ano 2015 na cidade.
15 8 1 K 28
15 8 1 K 28
15 meneos
25 clics
O Sergas diagnostica por primeira vez máis de mil casos diarios da COVID-19 durante unha semana seguida

O Sergas diagnostica por primeira vez máis de mil casos diarios da COVID-19 durante unha semana seguida

Sanidade suma 1.372 novos casos do coronavirus, un novo récord de positivos detectados en vinte e catro horas e Galicia conta máis de 800 ingresos hospitalarios ligados á pandemia, o máximo dende abril. O Sergas procesa máis de 11.000 probas PCR en vinte e catro horas por primeira vez e a positividade media para o conxunto de Galiza semella estabilizarse arredor do 10%
26 meneos
182 clics
Unha felicitación de Aninovo da veciñanza de Muras faise viral (gal)

Unha felicitación de Aninovo da veciñanza de Muras faise viral (gal)  

Veciñas e veciños deste concello do interior da Galiza falan das bondades de vivir no rural nun vídeo para o Nadal. O proxecto audiovisual, que tamén é unha sorte de promoción turística, vén de convertirse en viral.
14 12 0 K 55
14 12 0 K 55
20 meneos
17 clics
Miguel-Anxo Murado: «O libro é unha oportunidade de explicarlle o país a un público amplo»

Miguel-Anxo Murado: «O libro é unha oportunidade de explicarlle o país a un público amplo»

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) define Outra idea de Galicia como «un ensaio literario que naceu co propósito de explicarlle o país a un público amplo: unha oportunidade, tamén, de entender Galicia». LVG ofrece este domingo por 4,95 euros o seu personal ensaio «Outra idea de Galicia», unha edición revisada e actualizada dunha obra que propón unha mirada orixinal da historia e a realidade galegas.

-No prólogo fala da necesidade de desmentir os tópicos pero tamén de atopar a semente de verdade que conteñen e situarnos ante ese espello que nos interpela. Que preguntan os tópicos e como

7 13 0 K 39
7 13 0 K 39
24 meneos
53 clics
As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

A Real Academia Galega renderalle homenaxe a unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma; e recoñecerá tamén o seu papel como tradutora. A institución tomou a decisión nun pleno en que foi ademais elixida académica de número Ana Isabel Boullón.
12 12 0 K 43
12 12 0 K 43
26 meneos
29 clics
Un século de Isaac Díaz Pardo, o artista que se negou a pintar Cuelgamuros

Un século de Isaac Díaz Pardo, o artista que se negou a pintar Cuelgamuros

O intelectual que creou o Sargadelos moderno canda Luís Seoane e promoveu a restitución da memoria histórica e cultural de Galicia naceu en Santiago de Compostela hai un século. Isaac Díaz Pardo sobrevivira á Guerra Civil. O seu pai Camilo, egrexio galeguista, deseñador gráfico e escenógrafo, non. Asasinárono os sublevados e o seu cadáver apareceu nunha gabia na Ulloa. Pero Isaac, daquela militante das Xuventudes Socialistas, conseguíu zafar, agochado na Coruña. Agora discorría a década gris dos 40, a ditadura fascista asentábase e Díaz Pardo abríase camiño como artista en Madrid, onde…
26 meneos
255 clics
“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

Os profesores X. Manuel Santos Solla e Ma de los Ángeles Piñeiro Antelo veñen de publicar un traballo moi crítico sobre a campaña contra o chamado ‘feísmo’ na Galiza. É esta a terra do feísmo? Que é feísmo? Existe? Para o catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) non existe. Trátase, na súa opinión, dun concepto ideado para unha campaña de “culpabilización” do rural galego artellada desde elites urbanitas para ir alén do estético e situarse no plano do poder.
12 14 0 K 45
12 14 0 K 45
35 meneos
57 clics
«É prioritario que no 2030 sexa realidade o AVE  Lisboa- O Porto -Vigo»

«É prioritario que no 2030 sexa realidade o AVE Lisboa- O Porto -Vigo»

«É unha prioridade absoluta para nós porque en 55 minutos uniremos O Porto con Vigo, e en pouco máis de dúas horas chegarase desde Vigo a Lisboa». O Ministro de Infraestruturas, o economista Pedro Nuno Santos (Madeira, 1977) recebe a La Voz no seu despacho, días despois de apresentar co Primeiro Ministro António Costa o plan de investimentos aproveitando os fondos da UE do cadro financeiro plurianual 2021-2027, no que a alta velocidade ferroviaria Lisboa-O Porto-Vigo é o proxecto estrela. «Temos o compromiso do PSD de que continuarían (...)».
23 12 3 K 43
23 12 3 K 43
27 meneos
38 clics
3.000 euros de multa para o xinecólogo que practicou un aborto forzado e sen anestesia a unha prostituta

3.000 euros de multa para o xinecólogo que practicou un aborto forzado e sen anestesia a unha prostituta

A muller que foi inducida a perder o seu fillo faleceu, e será a súa nai quen reciba a indemnización. O médico, que realizou a intervención sen anestesia e de xeito clandestino ao carecer de licenza, foi condenado a 3.000 euros de multa. O empresario que a deixou embarazada cando tiña 18 anos quedou absolto pola Audiencia Provincial de Lugo. A vítima e principal testemuña desta peza morreu este verán. Isto levou á parte que acusaba a chegar a un acordo de conformidade polo que a nai recibirá as citadas indemnizacións.
14 13 2 K 29
14 13 2 K 29
16 meneos
71 clics
Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas [GAL]

Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas [GAL]

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe comezamos unha serie sobre as lacenas de abellas.
22 meneos
211 clics

"A AP-9 ten perdas por primeira vez" (O Carrabouxo)  

"A AP-9 ten perdas por primeira vez" -Ordia, hai que prepararse! -Por que? -Home, se tendo ganancias subían as peaxes quinindiós!....
10 12 0 K 22
10 12 0 K 22
16 meneos
56 clics

Hoxe anunciase que o Concello de A Coruña cancela os Orzamentos Participativos 2020 (fío)

Aquí vai un pequeno fío explicando o sinsentido e a gravidade desta decisión no proceso de participación da cidadanía.
28 meneos
45 clics
A Xunta suprime en Tui o primeiro Departamento de Portugués creado nun instituto de Galiza

A Xunta suprime en Tui o primeiro Departamento de Portugués creado nun instituto de Galiza

Educación acaba co decano dos departamentos de lingua portuguesa en Galiza tras vinte anos no IES San Paio, con máis dun cento de alumnos a aprender este idioma e entre o "malestar" da comunidade educativa.
10 18 1 K 32
10 18 1 K 32
30 meneos
60 clics

O eucalipto: unha especie foránea que deixa montes queimados e rendementos económicos

Non conta cunha figura legal, o que favorece que continúe a propagación dos incendios forestais ao non poder regularizar nin definir o territorio de plantación. Unha investigación destaca que non é recomendable seguir coas políticas de actuación vixentes, xa que Galicia "cometería o risco de converterse nun territorio de monocultivo forestal de eucaliptais".
19 11 0 K 39
19 11 0 K 39
24 meneos
240 clics
@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

2.000 persoas seguen a esta conta de Twitter que combate os menosprezos á lingua e cultura galegas.
8 meneos
38 clics
El furtivismo de verano continúa causando daños en los bancos de marisco gallegos (GAL)

El furtivismo de verano continúa causando daños en los bancos de marisco gallegos (GAL)

Este verán tan atípico trae de novo o problema do furtivismo que estraga o traballo anual das mariscadoras. A vixilancia forma parte, desde hai anos, do seu labor e algunhas voces piden atallar a rede de comercialización naqueles casos nos que participan estabelecementos hostaleiros.
14 meneos
137 clics
Xa están aqui os arrastreiros peláxicos

Xa están aqui os arrastreiros peláxicos

Fieles á súa cita anual, xa están aquí, practicamente á vista, os arrastreiros peláxicos que cada verán sementan o caos nestas augas que bañan as costas do Cantábrico-Noroeste. Ata o de agora só foron vistos sete buques irlandeses aos que, ben seguro, van sumarse outros da mesma bandeira e máis franceses.
25 meneos
51 clics
A Xunta insinúa que unha das presas de residuos mineiros de San Finx era para moer millo

A Xunta insinúa que unha das presas de residuos mineiros de San Finx era para moer millo  

A rede ContraMINAcción considera “esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante na Xunta” que nun xiro inesperado, a Dirección Xeral de minas insinúe agora que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50 metros de cumprimento e 14 metros de altura, fose para mover un pequeño muíño negral no que moía millo a veciñanza.
10 15 0 K 30
10 15 0 K 30
23 meneos
79 clics
Documental «Pórtico da Gloria. Polos séculos dos séculos»

Documental «Pórtico da Gloria. Polos séculos dos séculos»  

Programa documentario da TVG en catro episodios sobre o proceso de restauración da catedral de Santiago de Compostela, que amosa o proceso de restauración e a recuperación, só mediante métodos de limpeza, da policromía do Pórtico de la Gloria durante os últimos 10 años, a súa historia e a súa iconografía.
9 14 0 K 50
9 14 0 K 50
27 meneos
137 clics

Sabedes quen foi o Papus?

Pois nun día coma o de hoxe naceu na Coruña hai 155 anos unha das personaxes máis misteriosas do noso tempo. Dando comezo polo final, tede en conta que a súa tumba no cemiterio parisiense de Père-Lachaise é o máis visitado, so por detrás do mesmísimo Jim Morrison. Foi fillo dun fotógrafo atípico que estivo instalado na Coruña e Santiago. Por certo, a súa fotografía máis famosa é da nosa Rosalía, da que foi probablemente algo máis que un simple retratista (...) Tomou o alcume de “O Papus” e, ben cedo, comezou a coller fama...
16 11 1 K 55
16 11 1 K 55
21 meneos
93 clics
“Din os soños i os paxaros....”

“Din os soños i os paxaros....”  

Zara lanza unha colección de roupa cos caligramas de Uxio Novoneyra. A multinacional saca camisolas e gorros con textos do poeta do Courel.
15 meneos
14 clics
Son de poetas: Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro

Son de poetas: Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
4 11 0 K 39
4 11 0 K 39
34 meneos
35 clics
Huelga indefinida del servicio de prevención de incendios por el nulo avance de las negociaciones con la Xunta (gal)

Huelga indefinida del servicio de prevención de incendios por el nulo avance de las negociaciones con la Xunta (gal)

Los técnicos forestales dependientes de la Consellería do Medio Rural fijan el inicio de la huelga el día 1 de agosto, uno de los meses con mayor riesgo para los montes.
16 18 1 K 57
16 18 1 K 57
« anterior12

menéame