Hace 10 meses | Por ewok a gciencia.com
Publicado hace 10 meses por ewok a gciencia.com

Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid. Os máis curiosos descubrimentos xogan ás agachadas. Permanecen silandeiros nos lugares máis particulares, poñéndollo o máis difícil posible a aquel que busca cos ollos ben abertos. Aínda que o investigador que escudriña nos documentos históricos o fai co afán de atopar algo en concreto, o azar ábrelle a porta a todas aquelas manifestacións dos nosos antepasados que están agardando a ser descubertas. É o caso da primeira receita médica en galego, datada o 2 de abril de 1477 e anotada no reverso dunha escritura notarial, onde se detallan os pasos para preparar a medicina, a súa dose e administración. O achado foi publicado na Revista Galega de Historia Murguía polos seus autores, Ricardo Pichel, da Universidade de Alcalá e do Instituto da Lingua Galega, e Rodrigo Pousa, da Universidade de Vigo (UVigo).

Comentarios

themarquesito

Vendo o contido da receita, non semella moi barata: canafístola, sene de Alexandría, cravo, xenxibre, canela, e algunha cousa máis. Estes materiais non eran baratos de procurar por aquel entón.

ewok

#1 Pois non eran baratos non... por iso asumen que sería para familias nobres como os Antelo ou os Mariño de Lobeiro.
Sendo a receita anterior ao 1492, a canafístula á que se refere é a asiática (cassia fistula), que en portugués hoxe nomea outra especie (https://pt.wikipedia.org/wiki/Peltophorum_dubium)

Aquí o texto máis extenso: http://www.revistamurguia.com/?p=3141