Cando chegaba o inverno e as neves cubrían o Cebreiro, as avoas ao ver un paporroibo dicianlles aos cativos: estes paxariños veñen visitarnos pra lembrarnos que por moi cativo que sexas, se levas o lume ben encendido no corazón, non hai frío que te conxele.
Dito popular.
Comentarios
#0 Precioso, grazas. Fermosa palabra: paporroibo. Que fermoso é o galego!
Ya han vuelto a cambiar las vocales
#1 Xi tinhi qui filir il ciciricho.
#0 Lindo o envío.
#1 no dicionário da Rag: paporroibo, sinónimos: paifoco, paporrubio, pisco. Eu sempre lle chamei paporrubio, en cada bisbarra pode variar, xa escoitei paporruibo tamén.
#3 Curioso, paifoco eu só o escoitara como insulto, coma o uso en castelán de 'cabezadechorlito'.