Hace 6 meses | Por Pixmac a nosdiario.gal
Publicado hace 6 meses por Pixmac a nosdiario.gal

A Iniciativa Xabarín pola programación infantil e xuvenil en galego na televisión aprobouse por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021, avalada por máis de 33.000 persoas. O acordo parlamentar promovido pola Mesa con amplo apoio social recollía que a TVG “aumentaría a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade, a través do reforzo e a promoción das 4 canles Xabarín” e que “o sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, adsl e tecnoloxía móbil”. O BNG interpelou ao Goberno galego polos motivos de que, dous anos despois daquel acordo por unanimidade, segue sen cumprirse o acordo parlamentario. Na súa reposta, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, anunciou que para 2024 estaría operativa a canle xabarin.gal, cunha programación "de estrea e específica". Unha canle que chega tres anos despois do acordo por unanimidade na Cámara galega.

Comentarios

apermag

Penso que fixo máis o Xabarín Club polo galego que as clases da escola ou instituto.... Alégrome que saia adiante, se é que sae...

ewok

#1 Moi tarde, xa... O Xabarín era un referente, vangarda dos programas infantís á altura de calquera outro, con algunhas das mellores series dos 1990s e 2000s, e con moito contido propio. Facían debuxos animados do Xabarín e dos vixiantes do camiño, dirixidos por Miguelanxo Prado (que o fichou Spielberg para o MIB), e vídeos e CDs dos mellores grupos musicais de Galiza, Portugal e outras partes da lusofonía. Hoxe é unha sombra, con horarios que non ven os nenos, e series de hai 30 anos.

A

Para os máis nostálxicos do antigo Xabarín, no foro de arquivos da meiga tentan recopilar as series dos 90-2000, por suposto en galego: https://www.osarquivosdameiga.com/