Hace 2 años | Por ewok a threadreaderapp.com
Publicado hace 2 años por ewok a threadreaderapp.com

A desaparición, nunha noite, de dous escuadróns do exército francés na zona de Betanzos. Todo. Soldados e cabalos. Sen rastro. Ata hoxe, aínda non se sabe con certeza que aconteceu. Ou si (...) Pois ben, ao redor do 9 de febreiro, o Alto mando francés descubre que os dous escuadróns de artillería non aparecen.
200 homes de elite con 200 cabalos. Desaparecidos. Sen avisos. Sen trazas. Sen informacións de combates ou emboscadas. Nada (...) Esa noite douscentos franceses foron mortos. Foron sacados e sepultados nun lugar -ou lugares- que todos os rastreadores do exército non deron atopado. Pero os cabalos partían mentres aínda os franceses agoniaban nas casas galegas(...) En Betanzos, Ney impuxo á cidade e o seu partido unha multa bestial, imposible de pagar, coa ameaza de queimar a cidade se non se satisfacía (que era o que quería facer). Seguiron as detencións, as torturas, os fusilamentos. Nada. Ata o día de hoxe.

Comentarios

ewok

#3 E tamén era común Sultán; eu non entendía por que era nome de can, e se cadra é por Soult-an.

themarquesito

Un escadrón enteiro desaparecido coma por sortilexio. Os franceses fóronlle a tocar as narices á xente equivocada.

ewok
themarquesito

#2 Aparte de Ney, outro nome popular de can é (ou era) Sul (ou sexa Soult)

devilinside

Uso creativo del sacho

D

Cabal•lo