Hace 1 año | Por Pixmac a 21noticias.com
Publicado hace 1 año por Pixmac a 21noticias.com

A Carballa da Rocha é un dos poucos monumentos naturais con que conta Galicia, foi declarada como tal no 2007. Nas imaxes pódese ver a unha da irmás da carballa tallada polo pé e a outra desmoucada/decapitada…Na contorna deste monumento natural e na área da reserva da biosfera están tallando polo pé e desmoucando carballos centenarios sen xeito e sen ningún tipo de control. Estes monumentos naturais están protexidos por lei así como a súa contorna polo que este ARBORICIDIO é aínda máis inexplicable e inxustificado. Lembrar que Galicia é o territorio con menos espazo protexido de Europa un escaso 12% cando a media europea é de máis do 30%.