Hace 3 años | Por ewok a twitter.com
Publicado hace 3 años por ewok a twitter.com

Vía@opaco. ChampiKhan é un usuario de reddit que me enche o ollo coas bandeiras que fai; as últimas, machucos da nosa bandeira con outras, que no caso das de Irán e Arabia Saudita tamén as combinou cunha pouca retranca. En https://www.reddit.com/r/vexillology/comments/ghjwnw/galician_mashups/

Comentarios

ewok

A versión da canadense é un hostión á nosa biodiversidade.

a

No soy gallega, así que siento no saberlo para comentar, pero me han gustado gustoume moito.

Galifornia, la de Feijoo es demasiado bueno: "Feijoo además de bueno eres honrado".
lol lol lol

Pero tengo una duda no capto la que cambia el templo ese por no entiendo qué, porque no es la catedral de Santiago. Es como si lo fuera pero rayado. #1

d

#3 Creo que son as torres Hejduk, na cidade da cultura, en Santiago de Compostela.

ewok

Hai quen deixaría o dragón, porque o emblema do reino da Gallaecia, nun documento do s.XVI da catedral de Lugo eran un dragón e un león rampantes.

E a galego-saudita... lol
https://www.huffingtonpost.es/2016/09/21/feijoo-memes_n_12116954.html

themarquesito

#2 Non o era. Sei que estás a pensar no memorial remitido pola catedral de Lugo á Xunta do Reino de Galicia en 1669, pero é de fiabilidade dubidosa. De feito, dérame hai tempo por averiguar de ónde saía toda esa historia da presunta bandeira do reino suevo. Imos aló:
A historia provén do portugués Bernardo de Brito, que explica na súa "Monarquía Lusitana" as armas de Coímbra, que amosan un dragón e un león afrontados, e entre eles un cáliz do que xurde unha muller. Afirma Brito que o dragón procede de Hermerico rei dos suevos, e o león ven do rei dos aláns. A figura que xurde do cáliz é a princesa Cindazunda*, que tería casado con Hermerico, unindo así a suevos e aláns. Brito non di de ónde saca a idea, pero o dragón pode asociarse de maneira un pouco tanxencial ós suevos. Hermerico, segundo algunhas fontes, tería firmado un foedus con Roma, ou un tratado co emperador Honorio, servindo os suevos como auxilia do exército de Roma. Nos séculos IV e V os exércitos de Roma xa non usaban aguias coma estandartes, senón unhas cabezas de serpe ou de dragón, sendo así que o dragón non sería outra cousa que un símbolo de romanidade.
O problema ven agora: o escudo de Coímbra non comezou a amosar un dragón e un león ata a época manuelina, tendo con anterioridade a figura dunha muller, acompañada por un cáliz e por unha serpe.
https://www.cm-coimbra.pt/areas/viver/a-cidade/heraldica

Púxenlle un asterisco ó nome de Cindazunda porque non é un nome característico alano, senón que é visigodo. Cindazunda é a evolución de Chindasvinta.

ewok

#5 Que cousa é dubidosa, o memorial en si mesmo ou que fosen as armas dos reis suevos? Se for o segundo, seguramente non o eran, pero é ben curioso que case cadren no tempo (século arriba, século abaixo ) a inclusión no escudo de Coímbra e a descrición de Lugo. En todo caso, iría na onda dos símbolos do país: a nación de Breogán, que pode ser ou non ser, o Santiago, que pode estar ou non estar...

Fóra de fío (ou ao fío dos visigodos), lin hai pouco que a causa de que caísen os suevos e se fixesen fortes os visigodos foron uns fenómenos meteorolóxicos que evitaron o apoio do imperio de oriente. Casualmente esta semana saíu na portada de menéame esta nova: Por qué 536 fue 'el peor año para estar vivo' (eng)

Hace 3 años | Por Izaga a sciencemag.org

E hai unha carta dese ano (ano arriba, ano abaixo) ao rei suevo, en tempos de Belisario, logo de morrer o papa Virxilio. Fora de fío tamén, o nome do Papa Pelagius tamén é latino (mariño), e deu en galego Paio e os apelidos Paz, Paes e Pais, o mesmo que o nome tan pouco godo de Pelayo.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Paio_I,_papa

themarquesito

#6 Home, é que o deán da catedral de Lugo baseárase no libro de Bernardo de Brito. É o que chamamos en literatura "rastro de lectura".
Do tema da caída dos suevos, pouco ou nada sei, honestamente