Hace 3 años | Por ewok a lavozdegalicia.es
Publicado hace 3 años por ewok a lavozdegalicia.es

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) define Outra idea de Galicia como «un ensaio literario que naceu co propósito de explicarlle o país a un público amplo: unha oportunidade, tamén, de entender Galicia». LVG ofrece este domingo por 4,95 euros o seu personal ensaio «Outra idea de Galicia», unha edición revisada e actualizada dunha obra que propón unha mirada orixinal da historia e a realidade galegas.

-No prólogo fala da necesidade de desmentir os tópicos pero tamén de atopar a semente de verdade que conteñen e situarnos ante ese espello que nos interpela. Que preguntan os tópicos e como respondemos colectivamente?

-O tópico raramente é absurdo ou falso. O que sucede é que é simplificador en exceso. Isto pode ser malo, porque resulta inxusto en moitos casos, pero é útil, porque o coñecemento require da xeneralización. O tópico, ademais, suscita debate, obriga a argumentar e contra-argumentar. Neste libro, porén, non se trata o tópico desa maneira polémica (...)

Comentarios

themarquesito

Mais no caso de Galicia, penso que o peso da xeografía é aínda maior que o habitual. Co seu poboamento disperso, polo menos nunha grande parte do país

Isto é unha cousa que teño sinalada varias veces coma factor importantísimo dos "séculos escuros", eses en que a produción literaria en galego semella non existir. O que realmente pasa é que non houbo literatura impresa en galego, pero resulta fundamental ter en conta que a imprenta é un negocio. No caso da imprenta, tense estimado que para que fose rendible, unha imprenta tiña que estar situada nun núcleo urbán de ó menos 12.000 habitantes. Por debaixo diso non eran viables. Cal era o número de habitantes nos núcleos de poboación de Galicia no século XVI, cando a imprenta comeza a tomar grande relevancia, cando deixa de ser unha arte e pasa a ser unha industria. Miremos o que di o censo de 1591:

Pontevedra, 1.510 veciños. Arredor de 8.000 habitantes.
Coruña e os seus cotos, 1.457 veciños. Arredor de 7.500 persoas.
Santiago, 984 veciños. Máis ou menos 5.500 habitantes.
Baiona, 947 veciños. Preto de 5.200 habitantes
Vigo, 845 veciños. Máis ou menos 4.500 persoas.
Ourense, 700 veciños. Arredor de 4.000 persoas.
Betanzos, 554 veciños. Máis ou menos 3.000 habitantes.
Lugo, 384 veciños. Arredor de 2.200 habitantes.
Mondoñedo, 226 veciños. Preto de 1.200 persoas

Isto é todo moi grosso modo. Sei que houbo algunhas imprentas de curta duración e algunha itinerante no século XV, pero en Galicia non houbo imprentas realmente estables ata datas moi tardías.

D

#1 Disperso e illado: Los gallegos se reprodujeron durante milenios en un radio de 10 kilómetros

Os séculos escuros (que cadran perfectamente co declive do Camiño de Santiago) son sen lugar a dúbida os de maior illamento do país dende a época castrexa.

themarquesito

#2 Sen Camiño de Santiago ou co camiño en declive difícilmente ían chegar os impresores (polo xeral familias francesas ou alemás coma os Spindeler, Cromberger, Robert, ou Brocar) para se instalar na Galicia, o que redunda en máis illamento.
Aquí no atlas de Teixeira (1634) pódese ver un pouco o tema da dispersión poboacional.
http://culturagalega.gal/imaxes/docs/teixeira.pdf

D

#3 O peor é que nin libros chegaban... E sen eles, tampouco as ideas que podían ter acelerado a evolución da sociedade e economía feudais que, grazas á fidalguía e ao clero, improductivos e rentistas, sobreviviron en Galicia como un vestixio inconcebible na meirande parte da Europa Occidental.

E moitas grazas polo enlace! Vira algún mapa solto, pero non sabía que estaban publicados. ¿Sabes se hai algunha edición con máis calidade? Colgaba o da ría de Betanzos de boa gana

themarquesito

#4 Pois non che sei. Se cadra o Atlas do Rei Planeta o terán en algunha biblioteca de certa importancia e poderías consultalo e facerlle algunha foto.

themarquesito

#4 O teñen dixitalizado na Österreichische Nationalbibliotek. Aquí tes a páxina da ría de Betanzos en boa calidade
https://digital.onb.ac.at/rep/osd/?10DD8191
E aquí a imaxe xeral do reino de Galicia
https://onb.digital/result/10DD815D

A imaxe da barra de Gibraleón tamén e boísima
https://digital.onb.ac.at/rep/osd/?10DD8306

D

#6 Non te lera. Moitísimas grazas! Eres o Indiana Jones dos fondos bibliotecarios dixitais

themarquesito

#7 Só hai que saber onde buscar. Lembraba vagamente que o podían ter na Biblioteca Nacional de Austria, e resultou que así era.
Os da ÖNB dixitalizan moitísimo, igual que os da BNF. A BNE tamén leva un ritmo bastante bo.