VIGO DENUNCIA é un grupo que promove a ACCIÓN DIRECTA da Cidadanía.
Calquera cidade galega -mesmo vilas rurais- contan hoxe cunha planificación urbana e cuns servizos municipais moito máis DIGNOS dos que padecemos na Cidade Olívica.
Non é de recibo que 300.000 cidadáns de Galicia vivamos secuestrados na nosa cidade coma se non fósemos ninguén... secuestrados nos nosos lexítimos intereses de Cidade comprometida co desenvolvemento sustentable e que ten a urxente necesidade de facerse máis humana e menos insoportable cada día.
Queremos ca Corporación Municipal sexa consciente do abandono que está a sofrir a Cidade e que cumpra co seu deber coma xestora do ben común e abandone a súa política de enfrontamento contínuo coas demáis Institucións mentres a Cidade languidece baixo obras faraónicas que pouco teñen que ver coa recuperación e posta en valor dos intereses reais da Cidadanía de Vigo.
A cantos desexen expresar a súa xusta INDIGNACIÓN o grupo VIGO DENUNCIA ofrécelle unha canle de participación democrática.
É a nosa intención facer chegar mensualmente ao Pleno do Concello unha Presentación coas denuncias recollidas pola Cidadanía.
Comentarios

Aquí tes acceso ao primeiro mural enviado por VIGO DENUNCIA.
http://www.flickr.com/groups/vigodenuncia/pool/
Podes facer os comentarios que estimes oportunos ao pé das fotos.
Se queremos... Podemos mellorar a Cidade.