Hace 4 años | Por ewok a cig.gal
Publicado hace 4 años por ewok a cig.gal

A CIG considera moi grave que a Xunta ignore a primeira central sindical en Galiza da convocatoria das reunións que este mércores teñen lugar para tratar a situación laboral, económica e social do país en pleno proceso de 'desescalada'. A actuación do Goberno galego, co seu presidente Alberto Núñez Feixoo á cabeza, constitúe un exercicio de sectarismo que vulnera o dereito á representación dos miles de traballadores e traballadoras galegas que teñen apostado pola CIG.

O secretario xeral, Paulo Carril, denuncia que se aparte de maneira tan burda á CIG e que se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista ten elaboradas para afrontar o proceso de retorno á actividade e as problemáticas existentes na crise derivada da emerxencia sanitaria.

Comentarios

Omóplato

É unha puta vergoña. Có fácil que sería invitalos, dar unha falsa impresión de pluralidade e despois pasar de todas as cousas lóxicas que propoña a CIG.