Hace 3 años | Por ewok a twitter.com
Publicado hace 3 años por ewok a twitter.com

Proclamouse o 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes, cando activistas como Pedro Campos ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega. A declaración do Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros.