Hace 1 año | Por ewok a gciencia.com
Publicado hace 1 año por ewok a gciencia.com

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada.
A interpretación dixital e a prosprección arqueolóxica en campo permitiu coñecer máis sobre Castro Valente ou A Cerca, unha fortaleza da época romana dunhas 10 hectáreas situada entre Padrón e A Estrada. Os arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo publicaron recentemente, dentro do proxecto "Castelos no aire", un artigo que indaga na tipoloxía e técnica construtiva do sistema defensivo de Castro Valente. O interior da muralla está formado por cachotería irregular de granito combinada con pedregullo e terra compactada. Os expertos documentaron unha estrutura anexa á muralla, uns 30 cubos que consideran un rara avis nas fortificacións do noroeste peninsular.
Tamén, identificaron estruturas pétreas intramuros aínda que polo momento descoñecen a súa funcionalidade.

Comentarios