Hace 3 años | Por pinaveta a orgullogalego.gal
Publicado hace 3 años por pinaveta a orgullogalego.gal

Está amplamente documentada a súa importancia na cultura popular galega, na que podemos atopar moitísimos ditos referidos ás xoaniñas. A nosa tradición, igual que outras, considéraa signo de fortuna e boa sorte e por iso a tempos presente en tantos ditos e cancións. Por exemplo, en países como Rusia, Italia ou Turquía, ao ver unha xoaniña pódese pedir un desexo e é sinal de boa sorte. Tamén, a Galipedia indica que en turco recibe o nome de “uğur böceği” que vén significar “becho da boa sorte”.

Comentarios

pinaveta

Voa, xoaniña, voa, que che hei dar pan de broa.
(O galego es ti, pai ).💙

piper

#1 Deciamos nos: Maruxiña, voa, voa, que che dou pan e cebola.

pinaveta

#3 Qué lindo

SRAD

"O emprego de produtos químicos provoca..." --> Ata a auga é un producto químico. O esterco non deixa de ser un producto químico. Orgánico, sen dúbida, como orgánico pode ser un insecticida sistémico como o clorpirifos. O que non é orgánico, de feito, son productos que se emprega na "agricultura biolóxica" como o oxicloruro de cobre. Moita tontería, e moita ignorancia científica.

ewok

#0 No Brasil tamén chaman "bicho da sorte" ás crisopas, outro insecto que controla pragas https://gl.wikipedia.org/wiki/Chrysopidae

#2 Todo pode ser un produto químico (ía dicir se acaso salvo a luz, pero nen iso), e todo cultivo, por estar vivo, sería "biolóxico", pero son termos que pasaron a ser polisémicos, e hai moita regulación sobre eles. Por exemplo está prohibido anunciar como "natural" algo cun suposto efecto terapéutico, a pesar que todo é da natureza.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Produtos-Qu%C3%ADmicos?idioma=es