Hace 3 años | Por ewok a nosdiario.gal
Publicado hace 3 años por ewok a nosdiario.gal

Investigadores de diversos países participaron no estudo publicado na revista ‘Global Ecology and Biogeography’ e que se centra no eucalyptus globulus, moi presente na Galiza. Daniel Montesinos, do Centro de Ecoloxía Funcional da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra ( FCTUC) é un dos participantes na investigación, na que tamén tomaron parte estudosos da Australia, Chile, dos EUA e da India.
Os especialistas avaliaron a biodiversidade vexetal presente en eucaliptais da especie 'Eucalyptus globulus', tanto na súa área nativa, Australia, como en todo o mundo onde foi "introducido de forma industrial, incluíndo Portugal". Na Galiza, esta especie representa máis de 90% do eucalipto que hai no noso territorio. "As sustancias químicas presentes nas súas follas impiden o crecemento das raíces doutras especies nativas, motivo polo cal os eucaliptais conteñen moi pouca biodiversidade fóra da súa área nativa, na Australia", explica Montesinos.

Comentarios

piper

Nada que não se soubera de sempre, cos governos amigos de ENCE não haverá solução.

ewok
Dovlado

O que meta unha peste que acabe co invasor, home o muller ilustre de Galiza. Facemos un monumento nas ruinas de ENCE.

D

Entre los bosques autoctonos y los castros, casi era mejor que abandonasemos galicia y lo dejasemos como parque natural.
A ver donde nos acogen despues del exodo

ewok

#4 Bosques autóctonos cada día hai menos, por desgraza para nós e para a biodiversidade que o eucalipto aniquila. A ver en que planeta nos acollen despois do éxodo.

E cos castros pasa algo curioso, que os galegos nunca quixeron, en máis de 2000 anos, construír aí. Podes ver os castros en todo o país, as vilas están sempre ao carón, non enriba.