Hace 3 años | Por pinaveta a historiadegalicia.gal
Publicado hace 3 años por pinaveta a historiadegalicia.gal

Os suevos eran un pobo xermánico que habitaba a ribeira leste do río Elba, nunha área comprendida entre o río Elba e o río Oder, que se corresponde na actualidade cos estados de Mecklemburgo, cuxa capital é Schwerin, e o estado de Brandeburgo, ámbolos dous pertencentes a extinta R.D.A. Eran, xa que logo, un pobo báltico e costeiro que se estendía entre Dinamarca e Polonia, de feito a costa norte da antiga R.D.A era chamada Mare Suebicum polos cronistas romanos. Tamén se di que os suecos, da raíz swe, son un pobo xermánico de orixe sueva.

Comentarios

themarquesito

Fíxoseme un pouco escaso o artigo. Ademáis dos topónimos que din, o máis característico da toponimia sueva son os nomes de lugar acabados en -riz, que non é que se sexan precisamente escasos: Formariz, Guitiriz, Allariz, Reiriz, Gomariz...
Polo menos é o que sempre lin sobre estes topónimos

piper

#1 Coincido contigo, da pegada sueva nos nomes galegos hai moito estudado, o artigo é ben cativo, xa no título parece quererse limitar só á provincia da Coruña.

ewok

#1 #2 Curioso que fale dos suecos como pobo proto-suevo, sendo tamén proto-godos (e orixe nominal?)
https://es.wikipedia.org/wiki/Gotlandeses

porto

Un mapa relacionado co asunto: