Hace 2 años | Por pinaveta a historiadegalicia.gal
Publicado hace 2 años por pinaveta a historiadegalicia.gal

O mar para Lugrís era unha fonte de constante inspiración. Paisaxes, bouquets, habitacións e anticuarios mariñeiros, portos, vistas de cidades, mapas, barcos e criaturas fantásticas levan os espectadores a un mundo propio. E este cadro, chamado Sen título, é unha obra que mostra a dimensión alegórica do mesmo. A imaxe pintada abre os ollos a unha visión. As raiolas do Sol aparecen dando unha aura cálida entre as nubes, mostrando mesmo o fondo do mar. Os ceos que abren deixan entrar a luz.