Hace 3 años | Por ewok a praza.gal
Publicado hace 3 años por ewok a praza.gal

O I. S. Carlos III publicou os primeiros resultados do Proxecto Factores de Difusión COVID-19. Analiza distintos elementos que favoreceron a expansión da doenza no Estado español, da mobilidade á transmisión en colectivos, así coma os primeiros focos que dispararon a incidencia da Covid. O informe destaca que en Galiza "o persoal sanitario infectado foi o factor que tivo maior efecto sendo este moderado-alto". As conclusións son moi xerais pero axudan a trazar un mapa das diferenzas entre territorios á hora de explicar o desenvolvemento da enfermidade. Así, divide o Estado en tres grupos de CCAA: por unha banda, Madrid e Cataluña, onde o factor determinante para a expansión do coronavirus foi a mobilidade interna cando xa existía transmisión comunitaria da enfermidade; un 2º grupo de territorios (C.A Mancha, Castela e León, C. Valenciana, Navarra e Galiza) nos que o elemento máis destacado foi o % de persoal sanitario infectado e os casos producidos nas residencias; un 3º (...)