Hace 3 años | Por ewok a galiciaconfidencial.com
Publicado hace 3 años por ewok a galiciaconfidencial.com

Os profesores X. Manuel Santos Solla e Ma de los Ángeles Piñeiro Antelo veñen de publicar un traballo moi crítico sobre a campaña contra o chamado ‘feísmo’ na Galiza. É esta a terra do feísmo? Que é feísmo? Existe? Para o catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) non existe. Trátase, na súa opinión, dun concepto ideado para unha campaña de “culpabilización” do rural galego artellada desde elites urbanitas para ir alén do estético e situarse no plano do poder.

Comentarios

ewok

#3 #4 * O artigo e a entrevista son interesantes.

K

#5 O que son e demenciais. E por varios motivos:
-O primeiro, que fala do feismo como se fose privativo do rural, cando menos en Santiago, máis nas outras sete cidades, e un fenómeno urbán ben asentado, coñecido e criticado.
-O segundo, por ligalo a pobreza, cando logo resulta que podes ver diante deses adefesios vehículos de alta gama, ou a cultura, cando se o dono polo que sexa precisa dar imaxe (transformando por dicir un caso o chabolo en casa rural) ben que sabe o que facer para que quede feitiña, enxebre e resultona.

Que non falamos da casa de toda vida duns velliños octoxenarios nun cumio calquera, senon de algo xeneral a todos os niveis adquisitivos.

PD: De feito o que menos carraxe me da e pechar un prado co somier, iso e como ensilar cos neumáticos, e si que o entendo como aproveitamento, non moi diferente de pechar a finca con paus e botarlle un pastor eléctrico.

ewok

#18 Non sei se o entendeches ben, seguramente os autores estarían bastante dacordo contigo. Eles non falan do feísmo como só do rural, din que os medios, en particular a campaña dun deles, son os que o identifican así. Eses medios que non falan de feísmo para se referir á desfeita da arquitectura do XIX en Vigo, ao derrubamento do edificio Castromil, aos mamotretos da Coruña, á falta de prazas, e de espazos verdes, e de fragas e arborado autóctono, etc.

Eis a segunda parte: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/142900-polemica-redes-sociais-feismo-galego

K

#20 Pois se a chave e sinalar ao panfleto de Sabón, ahí estamos de acordo todos.

ewok

#21 Pois tamén, podían ter chamado feísmo galego a isto:

vvega

#22 Teño que disentir. A arquitectura perdida de Vigo ou o edificio Castromil, por aberrantes que sexan, non son en absoluto un reflexo do mesmo fenómeno que xera o feísmo (ben ou mal chamado), senon dun mal entendido progreso. Haberá actuacións nas que se xunten ambos, non vou dicir que non, mais son fenómenos que, aínda que atenten contra o patrimonio, parten de lugares ben distintos. Tampouco é un fenómeno exclusivo de Galiza, e de feito dáse con moita máis virulencia noutros lugares.

Ambos son problemas que debemos recoñecer que existen no país como primeiro paso para poder atallalos. Iso si, o feísmo é máis habitual e máis característico (por sorte, porque o outro é máis difícil de recuperar, o feo con tiralo chega, aínda que coste cartos).

ewok

#27 Parte do debate é o mesmo termo en si. O que fixeron ao tirar o edificio Castromil, o edificio novo, toda a remodelación da praza, a recondución do tráfico enchendo de coches todo arredor do casco vello... Iso é feo.

Polo demais, si, iso non é galego en exclusiva, e ao que La Voz chama feísmo, tampouco.

vvega

#28 Tiraron o Castromil -> MAL! Fixeron algo feo no sitio -> MAL tamén! Pero cousas distintas.

ewok

#29 Distintas... e feísticas.

ewok

#8 Ninguén nega os exemplos que ti pós, só que non son galegos en exclusiva, o entrevistado di que os tén visto por Europa adiante e Canadá, e que en todo caso responden a unha economía de subsistencia. Tampouco se nega que hai xente simplesmente con mal gosto.

Dos eucaliptos non é que non se fale, é que La Voz (quen impulsou aquelas galerías sobre o feísmo) non os critica.

vvega

#10 Fai tempo abondo que non leo La Voz como para non saber se os critica ou non, pero que é unha crítica habitual dentro da sociedade de Galiza é innegábel. Está claro que o feísmo, ou deixadez, non é exclusivo de Galiza, pero si que é característico e problemático aquí. E aínda que poida estar xerado ou amplificado por unha economía de subsistencia, en Galiza exténdese moito máis aló, a estratos sociais que non viven nesa situación e tamén a efectos concretos que non se poden relacionar coa necesidade: Ser ordeado non custa nada e en calquera almacén onde mercaches 8 palés de ladrillos fanche o troco do que che sobrou de face-lo garaxe por un de bloques se o precisas para a parede que lle faltaba ao galpón.

ewok

#11 Moito dese "feísmo" pódese arranxar con planos de ordenación urbanística e normativa, sobre recebados, sobre tipoloxías... e sobre arborado autóctono. La Voz foron os que puxeron de moda o termo, hai anos.

vvega

#12 se se pode arranxar é que existe un problema. Poñer o foco en que La Voz puxo de moda o termo paréceme desviar a conversación a un lugar que non vai aportar nada. Levo escoitando xente queixarse das bañeiras nos prados (cousa que a min non me parece necesariamente perniciosa se se fai ben, como por exemplo enterrada, que tamén é mellor para beber o gando e non costa cartos a quen ten medios para manter vacas) dende moito antes de que La Voz empezase a falar do tema, así que o problema existía. La Voz púxolle nome... Pois moi ben, entón, como La Voz non nos gusta, miramos para outro lado... Non me convence a estratexia.

Powertrip

#1 Nadie tiene que pedir perdón, cada uno decora su casa como quiere. Pero si su casa es fea, no vamos a decir que es bonita como pretende el catedrático. No hay problema con el feísmo gallego, pero existir existe.

D

#7 Si hai problema. Tua casa é tua, mais a paisagem é de todos. Se montas uma casa que nom queda bem, lógico que a gente proteste. Por isso existem plans. Moitas vezes é simplesmente falta de conhecemento, porque pode-se dar resposta a problemas de jeito "menos feio" sem necesidade de fechar um cancelo com um metálico (por exemplo, com quatro táboas temos um cancelo que nom quede de pena).

keiko_san

#19 lo qué?

Xenófanes

#1 Hace un par de años fui al BBK y fuimos en caravana. Pues llegando a Bilbao vimos una finca con un cierre hecho con un somier, un clásico de la Galicia rural. Nos llamó la atención precisamente porque en general la zona que va de Asturias hasta Euskadi parece que no hay tanto reciclaje como por aquí.

devilinside

Home, el feismo galego existe, sólo hay que ver los diseños de las casas del rural por lo general y, sobre todo esa pintura azul que muchas lucen, o el reciclaje extremo, que de ahí viene el dicho "eres más gallego que un somier cerrando una finca"

orangutan

#2 El dicho que no he oído nunca.

box3d

#0 Os collóns lol
Isto podo velo cada vez que saio da casa:

- Ladrillo sen lucir.
- Ladrillo mal lucido con manchas de humidade.
- Teito sen rematar (plano)
- Pilar de formigón á vista
- Uralita gris, rota e/ou chea de manchas de humidade

ewok

#13 Ninguén nega todos eses casos. Tamén hai casos de picaresca, demorando a finalización da obra xa que mentras non pagan IBI ou outros temas. Moitos deses casos son máis pobreza que feísmo, e como dixen podíanse resolver con PXOUs e normativas. No Brasil aínda é peor, non é que poñan uralita, é que lles envían a contaminada con amianto.

Omóplato

Evidentemente o feísmo non é so cousa de Galicia. Pero claro que existe. E é debido a varios factores:

- Economía de subsistencia. Está ben pedirlle a alguén que arrexunte a pedra, cando case vive do que sembra. "Antes facíase". Sí, pero antes tamén era moito máis barato.
- Abandono do rural (económicamente falando) por parte das diferentes administracións.
- Abandono do rural (arquitectónicamente falando) por parte das diferentes admnistracións. Pautas, esixencias e axudas.

Obviamente, nas aldeas, có concepto idílico de aldea, parroquia, lugar, onde esperamos ver casas de pedra do país e non bloque e ladrillo, nótase moito máis que nun pobo. Pero pasade por calquer vila-cidade galega, e veredes o mesmo pero máis grande e máis alto.

¿O feísmo galego existe? Sí. ¿O feísmo é único de Galicia? Non, claro. Pero Galicia está de bulldozer, o monte eucalipto e o rural de ladrillo e bloque sen revestir. E xa non ten freo nin solución. A min cada vez que alguén coméntame que Galicia é bonita, penso que a amplia maioría non, que é un desastre. E que o que queda bonito, pouco durará.

Pero vamos, negar o feismo patrio, é como negar o queixo ou viño do país porque existen en máis lugares.

cincinnata

Es un debate interesante, me recuerda un pasaje del antropólogo inocente (un libro muy divertido) en el que el protagonista (el antropólogo) contaba que los de la tribu con la que vivía alucinaban de que guisara con sus ollas tradicionales teniendo dinero para comprarse unas más modernas, entendiendo que las tradicionales eran una cutrada, y cuando volvió a Inglaterra, los ingleses alucinaban también pero en su caso porque pensaban que esas ollas tradicionales eran demasiado valiosas para usarlas y eran un objeto de exposición.

arturios

A ver, hace medio siglo el feísmo gallego era marca de identidad, han pasado los años y la cosa sigue igual y ahora resulta que es un invento de algún medio de comunicación ¡mis cojones!

sapitopintojo

Justificando lo cutre, lo "dejao", lo feo y encima poniéndlo como valor.

P

Pois a min parecenme todas igual de feas.