Hace 1 año | Por ewok a g24.gal
Publicado hace 1 año por ewok a g24.gal

O ex-xerente do hospital Universitario da Coruña e exsenador José García Buitrón faleceu este sábado en Madrid aos 77 anos a causa dun accidente cerebrovascular.
En Madrid asistiu o venres ao consello cidadán estatal de Podemos, partido do que era secretario municipal na Coruña. En 2015 foi elixido senador por En Marea. No seu último chío nas redes sociais concluía: "Estaremos onde sempre, defendendo democracia e progreso social". García Buitrón foi ademais pioneiro dos transplantes en Galicia, xa que foi un dos responsables da primeira intervención de ril no ano 1981. Tamén foi responsable da oficina de Coordinación de Transplantes na Coruña. Desenvolveu unha carreira médica prolífica que non só deixou un recoñecemento en Galicia, senón tamén en medio mundo, xa que realizou transplantes en países como Trinidad e Tobago ou Cuba. Estudou Medicina en Santiago, a especialidade de nefroloxía en Barcelona e a de uroloxía en Madrid, antes de comezar a desenvolver a súa carreira en 1975 (...)