Hace 2 años | Por ewok a twitter.com
Publicado hace 2 años por ewok a twitter.com

O 14 de xuño os veciños da contorna de Casalonga manifestáronse en Santiago contra o proxecto de vertedoiro de Toysal. Fixeron un tramo do Camiño e remataron na Quintana. Pero a súa idea era entrar na Catedral. A cabalo. E con todo o dereito (...) O señor do Pazo do Faramello tiña o privilexio real de entrar a cabalo na catedral. A condición era portar o anel do señor e vestir o cabalo dun xeito determinado. Gonzalo Rivero de Aguilar, actual señor do pazo e tamén afectado polo vertedoiro, aceptou. Pero o tema era incrible, porque o dereito de entrar a cabalo na catedral existía, pero NUNCA se exercera desde que fora concedido, en 1815 (...) O dereito era un xeito de devolver un enorme favor: o recontratataravó de Gonzalo, Manuel Rivero de Aguilar, convertera o Faramello nun núcleo da resistencia contra os franceses.

Comentarios

themarquesito

#2 Con patucos antideslizantes, que non queremos que acaben escarallados o cabalo e o cabaleiro

themarquesito

Un viejo conocido mío tiene también el privilegio de a caballo. Nunca lo ha ejercido porque ese privilegio tiene una cláusula que no tiene ni puta gracia: si el caballo daña alguna de las losas de la iglesia, el señor ha de pagar la sustitución de la misma y una pena correspondiente a la superficie de la losa rota recubierta de monedas de oro.

piper

#1 Se o problema fora ese, habería que calzar ben os cascos cuns bos patucos pra evitar danos, porque o efecto mediático sería abraiante.

P

Unha mágoa que ao final non o fixeran.