Hace 2 años | Por manuelmace a historiadegalicia.gal
Publicado hace 2 años por manuelmace a historiadegalicia.gal

Galicia ten unha rica tradición de panxoliñas de Nadal e cantigas de Reises. Grupos de mozos saían polas rúas das aldeas a cantar panxoliñas o 24 e 31 de Nadal e tamén na tarde do día 5, previa á noite de Reis. Esta era unha tradición moi arraigada en todo o país durante o Nadal. O grupo de mozas e mozos cantaban diante das casas e agardaban despois a recibir un aguinaldo que era en forma de doces (uvas e figos pasos) ou noces e castañas ou tamén en forma de diñeiro. Aquí un exemplo do rico folclore de cantes de reises de Galicia.