Hace 3 años | Por pinaveta a acorunhadasmulleres.gal
Publicado hace 3 años por pinaveta a acorunhadasmulleres.gal

Son moitas as cidades que historicamente tiveron, e moitas seguen mantendo, un mercado ao aire libre onde se vendían produtos de todo tipo de segunda man. En Barcelona, Els Encants; Londres, Portobello; París, o Mercado das Pulgas; Madrid El Rastro… A Coruña tivo tamén ese espazo situado en arcóns no Campo da Leña, logo en Orillamar e ao fronte deses negocios case sempre mulleres, as Chambonas. Mulleres que se dedicaban á compra, venda e troco de mobles, roupas e todo tipo de enseres usados.