Hace 3 años | Por pinaveta a historiadegalicia.gal
Publicado hace 3 años por pinaveta a historiadegalicia.gal

Os Trasnos, hoxe a Asociación Camiño dos Faros, declara estar a piques de tirar a toalla. O motivo a imposibilidade de desenvolver o proxecto fronte os atrancos que están a poñer as administracións, dende a propia Xunta de Galicia, con Turismo de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente ó fronte, ós 9 Concellos, pasando pola propia Deputación. E é que despois da inmensa promoción ano tras ano Os Trasnos atoparon un problema, excepcional e insalvable, a imposibilidade da súa homologación.

Comentarios

Omóplato

Fai case 3 anos fixémolo miña muller e eu, cós bártulos nas costas e sen descansar entre etapas (moita xente fai un día sí e outro non). Ao chegar a Fisterra pendinlle que casara comigo. E como estaba tan cansada, non o debeu pensar ben e dixo sí.

Impresionante, recoméndollo a calquera, sobre todo a etapa de Laxe - Arou. Pero todas son a leche, a etapa 1, a que sae de Malpica, veredes praias que na vida. E a de Arou - Camariñas, chegando a case 40 graos centígrados ó Faro de Cabo Vilan e descubrir que no seu interior hai un bar con cervexiña ben fría.

¡Qué experiencia!

D

#1 Cada vez que teño a suerte de poder entender a lengua que falaban os meus pais, considérome afortunado.

Malo será o da túa muller, oh, non será tanto.

Eso si, ghracias pola explicación.

Nin idea de esta ruta dos faros, e mira que son do Val de Barcala, aunque viva moi lonxe da terra.

Pero, claro, aghora que penso, que carallo vou saber eu de faros ni praias, se pasaba as vacacions entre furanchos, orella, xorza e licores de café de orixe clandestino. 😷 😷 😷 😷 😷 😷 😷 😷 😷 😷