Hace 12 días | Por Pixmac a praza.gal
Publicado hace 12 días por Pixmac a praza.gal

A Funga é a Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica. Ao seu cargo están máis de 3.000 persoas ás que algún xulgado incapacitou para algunha faceta da súa vida encargando a súa supervisión á Administración. Non é a primeira vez que a Xunta ou entidades dela dependentes divulgan por erro nomes ou datos persoais que deberan ser só para o seu uso interno. Eses erros acadan unha maior relevancia cando os datos desvelados corresponden a persoas especialmente vulnerables, como menores de idade ou persoas tuteladas. A Lei de Transparencia obriga a publicar as contas anuais, pero non o libro de contabilidade, e establece restricións expresas para a difusión de "datos especialmente protexidos", como os persoais, para os que dita a súa disociación.