Cousas da Galiza

encontrados: 2, tiempo total: 0.005 segundos rss2
15 meneos
25 clics
O Sergas diagnostica por primeira vez máis de mil casos diarios da COVID-19 durante unha semana seguida

O Sergas diagnostica por primeira vez máis de mil casos diarios da COVID-19 durante unha semana seguida

Sanidade suma 1.372 novos casos do coronavirus, un novo récord de positivos detectados en vinte e catro horas e Galicia conta máis de 800 ingresos hospitalarios ligados á pandemia, o máximo dende abril. O Sergas procesa máis de 11.000 probas PCR en vinte e catro horas por primeira vez e a positividade media para o conxunto de Galiza semella estabilizarse arredor do 10%
3 meneos
2 clics

Miño pagará as sentenzas xudiciais aos expropiados da macro urbanización que Fadesa deixou a medio facer

O Concello de Miño formalizará a operación crediticia para o pago das sentenzas xudiciais aos expropiados de Fadesa. O pleno facultará ao alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, para asinar o préstamo co banco designado polo Instituto de Crédito Oficial.
O límite para efectuar o pago era o 31 de maio, pero tras a declaración do estado de alarma os prazos quedaron dilatados. En todo caso, está previsto que o banco ingrese as cantidades a terceira semana de xuño.
Segundo informa o Goberno local, o Concello presentaba ao peche do exercicio de 2019 unha débeda total de 22,3 millóns de euros, debido "principalmente ao proceso de expropiación" da macro urbanización de Fadesa.

menéame