#61 eu tomo este artículo con humor porque sei realmente cal é a miña cultura e a miña identidade e dame igual que pensen que son do rural ou de pobo, son tan digna como os señoritos de cidade. Por outra parte paréceme precipitado que digas que en galiciaa a lingua máis falada é o galego...onde? xa me gustaría a verdade, pero eu por exemplo son das rías baixas e aquí ninguén fala galego, é algo un pouco triste pero a realidade é que o galego non se fala máis que o castelán na galiza, está en completa diglosia e hai que defendelo.
Portada
mis comunidades
otras secciones
#77 Non son de Vigo! Son de Cangas polo que suporás que me coñezo ben a zona do Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña, Marín e ata Pontevedra) tamén coñezo moita xente da zona de Boiro, Rianxo, Ribeira e Catoira e ahí si que falan galego a maioría dos rapaces. Pero na zona do morrazo xa che digo eu que ninguén de menos de 40 anos fala galego, polo simple feito de que os seus pais (meus avós) faláronlle castelán aos seus fillos porque "era mellor para eles", é o que lles inculcou o franquismo. Os rapaces da miña quinta (somos case todos universitarios, ano arriba, ano abaixo) non falan galego normalmente, outra cousa é que o saiban falar, así que non me digas que en galicia predomina o galego, non sei de que fonte sacaches ese gráfico, habería que contrastalo. igual é que nas R.Baixas estamos ó revés que o resto de galicia, ogallá fose así, porque é moi triste non poder utilizar a túa lingua na túa propia CCAA porque con quen falas non sabe expresarse nese idioma...logo saen os de galicia bilingüe dicindo que o castelán está en diglosia...non o creo. Sen máis, repito, espero estar equivocada e que a situación do galego non sexa tan catastrófica como me penso que é, nin tan mala como o que poñía nos meus apuntamentos de sociolingüística do instituto (que non fai tanto jejeje). un saúdo