Hace 3 años | Por ewok a historiadegalicia.gal
Publicado hace 3 años por ewok a historiadegalicia.gal

Unha escavación para situar unha torreta eléctrica. Este foi o motivo que deu lugar a un dos achados máis singulares dos últimos tempos para o mundo romano en Galicia. Trátase dunha vila romana de gran luxo, e previsiblemente boas dimensións que dominaría unha gran chaira fértil ó pé do río Azúmara en Castro de Rei. O achado produciuse no lugar de Escouredos, na parroquia de Coea deste concello, durante unha prospección para instalar unha torre torre de alta tensión.