Hace 4 años | Por ewok a nosdiario.gal
Publicado hace 4 años por ewok a nosdiario.gal

O número de contaxios por coronavirus na área de Vigo aumentou 24% até chegar aos 633 casos positivos, segundo os últimos datos da Xunta. É precisamente esta a cidade que viu fechar máis centros sanitarios, entre eles o Policlínico Cíes e o Hospital Xeral. Estas infraestruturas sen utilizar suman un total de 517 camas. SOS Sanidade Pública empraza a Xunta de Galiza a telo en conta, posto que o Goberno galego asegurou que estaba en busca de hoteis para os habilitar con recursos sanitarios ante un eventual pico da pandemia.