Hace 2 años | Por ewok a nosdiario.gal
Publicado hace 2 años por ewok a nosdiario.gal

Teresa Táboas vén de ser elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos na 28ª Asemblea Xeral desta organización, celebrada durante o pasado mes de xullo. A candidatura de Táboas foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e complétase coa designación de Ángela Baldellou, actual directora do Observatorio 2030 do CSCAE, en calidade de suplente. A UIA é unha organización internacional non gobernamental que une ás federacións nacionais de arquitectura. Os seus obxectivos céntranse en promover unha arquitectura de calidade para o ben público e é recoñecida como a única organización mundial de arquitectura polas axencias das Nacións Unidas. Tamén forman parte deste Consello da UIA Carmela Cannarella (Italia), Eric Wirth (Francia) e Regina Gonthier (Suíza).
Nada en México DC, Táboas foi Conselleira na Xunta do bipartito, e desde 2018 é Membro Honorario da Federación de Colexios de Arquitectos da República Mexicana.