Hace 4 años | Por ewok a praza.gal
Publicado hace 4 años por ewok a praza.gal

“Todos os galegos nos liberamos da obriga de destinar a ese fin 400 millóns de euros ata o remate da concesión”. Esa foi a valoración que fixo Feijóo cando en 2017 o Ministerio de Fomento, daquela encabezado polo popular Íñigo de la Serna, reduciu unilateralmente á metade e asumiu en solitario a compensación que Goberno central e Xunta viñan pagando a medias a Audasa desde que en 2006, co PSOE na Moncloa e San Caetano, se suprimiron para os usuarios as peaxes de Rande e A Barcala. Agora o Supremo anula aquela decisión, obriga ao Estado a pagar a Audasa o que deixou de cobrar neste tempo e abre a porta a que o Goberno central reclame á Xunta que volva a achegar a metade desa compensación, que segundo Feijóo sumaría os anteditos 400 millóns ata o remate da concesión en 2048.