Hace 3 años | Por pinaveta a praza.gal
Publicado hace 3 años por pinaveta a praza.gal

O 14 de abril de 1931, hai agora 90 anos, os taboleiros de lousa nas redaccións dos xornais con sede na Coruña "comezaron a dar conta da proclamación da República en Barcelona polo coronel Maciá, que se fixera cargo do Concello e da Deputación". Tras as eleccións municipais de dous días antes, nas que as candidaturas republicanas lograran o triunfo en cidades clave, os partidos e agrupacións que na cidade pulaban pola fin da Monarquía borbónica agardaban "noticias concretas e decisivas" xunto unha "multitude concentrada no Cantón Grande".

Comentarios

ewok

En breve, tamén, 90º Aniversario da efémera República Galega, desactivada por Casares Quiroga ao reanudar as obras do tren que suspenderan, deixando sen traballo a 12000 operarios.
Aniversario da proclamación da efémera I República Galega

Hace 3 años | Por ewok a twitter.com

P

Pois debían ter todo xa preparado, non tiña a República unha semana e xa tiñan listas bandeiras, cuadros, bandas de música destradas...